Rapa das Bestas Sabucedo

Este ano foi a miña primeira Rapa das Bestas, escoitara moito falar dela pero todo o que digan quedase corto….

         

Extracto web Sabucedo..

… Trátase dunha festa “máxico-relixiosa”. Pode que nun principio
resulte algo raro, pero o fin e o cabo, a relixión maxia é, xa o nome de
Sabucedo participa desta característica. A etimoloxía identifica o
nome con “sabucus” ou “sambucos”, procedente do  latín, que significa
“sabugueiro”, planta de virtudes curativas e que era mirada coma unha
árbore bendita.

Non se sabe con certeza cando o pobo de Sabucedo comezou a
realacionarse coas bestas. Nos petroglifos da Terra de Montes dos
séculos XVIII-VIII a. C. hai gravados nos que aparecen cabalos, moitos
con xinetes tratando de dominar o animal, e aínda que se pensa que pode
haber unha certa relación , a xente da parroquia segue mantendo a
orixe da Rapa nunha lenda oral, que di que houbo unha peste que
devastou a bisbarra. Ante esta situación dúas irmás da aldea
ofrecéronlle a San Lourenzo dúas bestas se as defendía do mal, e así
foi. Mentres durou a peste as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana
afastada da aldea, e pasando a mesma doáronlle as bestas á Igrexa….

… “Cada cabalo griñón reagrupará, rinchando, de novo a súa grea e
deste xeito a eguada de San Lourenzo de Sabucedo esperará un ano máis a
ritual visita ó seu pobo, ó pobo desas xentes de Sabucedo que durante
séculos tiveron e seguen tendo a teima de defender contra homes, lobos e
lume as súas bestas”.