Rally Fotográfico en Lires

A ARCE Pedras Miúdas de Lires vennos a propoñer  unha xornada fotográfica para o Domingo 15 de decembro, arrancariamos cun Rally fotográfico para rematar coa inauguración da exposición fotográfica “Lires na memoria” e que mellor rexistro desta memoria que as fotografias dos seus Veciños, das almas que fan deste pobo un lugar especial.

 A vila de Lires sitúase na Costa da Morte, e xa todos sabemos que esto imprime moito caracter. É un
sitio cun encanto especial, xa que combina o progreso coa tradición e os
veciños gozan compartíndoo coa xente que vén de fóra. De feito, Lires
foi unha das primeiras vilas de Galicia en ter turismo rural.

A xente de Lires sabe buscar a vida e o mellor de todo é que o fai
apostando por eles mesmos e polos recursos propios da zona. Se cadra por
iso os veciños coidan tanto os seus costumes de sempre, xa que son un
préstamo das futuras xeracións.

E por outro lado temos esta  Asociación Pedras Miúdas que non para de traballar para darlle vida a esta vila, recuperar as tradicións e mirar para diante. Moita sorte ¡¡¡

Inscrición: fotolires@gmail.com